Amosando publicacións coa etiqueta Feminismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Feminismo. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de abril de 2018

Invisibles

[GAL] Invisibles está formado por sete relatos. Non son sete relatos calquera, senón sete relatos sobre o maltrato. Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña contan en primeira persoa na meirande parte dos casos o que elas viviron. Mais non todas tiveron a sorte de poder facelo. Algún deles está contado pola súa xente achegada, xa que a violencia sufrida foi tal que lles arrebataron esta posibilidade.
É un libro para ler sen présas, sen agobios, sumerxíndote en cada palabra destas mulleres que tanto teñen que contarnos. Porque foron elas, pero poderiamos ser cada unha de nós. Porque moitas veces chéganse a vivir situacións deste tipo sen saber por que ou como chegamos ata aí. Porque a sociedade edúcanos a nós para enganarnos e facernos ver que son situacións “normais” e a eles para que se crean os nosos posuidores.
Invisibles é un libro duro, que produce angustia, tristeza, medo... Pero é un libro moi necesario. Non é sinxelo, pero debemos visibilizalo e ver que non somos esas “tolas do maltrato” das que falan as protagonistas. O maltrato, en todos os seus aspectos, existe e está presente na nosa vida cotiá e negalo sería un gran erro.
Practicamente dende o principio non puiden evitar que se me caesen as bágoas. Non sei se por empatía ou porque é un tema para min moi próximo. Non foi un libro agradable de ler, dende logo que non. Pero a veces é necesario saír da zona de confort e ver que hai máis alá para entender o mundo no que vivimos.



[CAS] Invisibles está formado por siete relatos. No son siete relatos cualquiera, sino siete relatos sobre el maltrato. Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga y Begoña cuentan en primera persona en la mayor parte de los casos lo que ellas vivieron. Pero no todas tuvieron la suerte de poder hacerlo. Alguno de ellos está contado por su gente allegada, ya que la violencia sufrida fue tal que les arrebataron esta posibilidad.
Es un libro para leer sin prisas, sin agobios, sumergiéndote en cada palabra de estas mujeres que tanto tienen que contarnos. Porque fueron ellas, pero podríamos ser cada una de nosotras. Porque muchas veces se llegan a vivir situaciones de este tipo sin saber por qué o cómo llegamos hasta ahí. Porque la sociedad nos educa a nosotras para engañarnos y hacernos ver que son situaciones “normales” y a ellos para que se crean nuestros poseedores.
Invisibles es un libro duro, que produce angustia, tristeza, miedo... Pero es un libro muy necesario. No es sencillo, pero debemos visibilizarlo y ver que no somos esas “locas del maltrato” de las que hablan las protagonistas. El maltrato, en todos sus aspectos, existe y está presente en nuestra vida cotidiana y negarlo sería un gran error.

Prácticamente desde el principio no pude evitar que se me cayesen las lágrimas. No sé si por empatía o porque es un tema para mí muy próximo. No fue un libro agradable de leer, desde luego que no. Pero a veces es necesario salir de la zona de confort y ver que hay más allá para entender el mundo en el que vivimos.

xoves, 29 de marzo de 2018

La mística de la feminidad


[GAL] Non sabía como comezar isto. Levo días pensando sobre que podería tratar a miña primeira entrada. Penso que cantas máis voltas lle dou, máis difícil é a escolla.
Así que non o penso máis, simplemente vou falar do que me apetece. E neste caso é sobre un libro que rematei de ler fai pouco.
La mística de la feminidad é un clásico do feminismo. Cando comecei a carreira, unha das miñas profesoras falábanos a diario deste libro. Daba igual de que fora a clase, sempre había oco para Betty Friedan. O ano pasado entrei nunha librería sen idea de que era exactamente o que quería e, en canto o vin, souben que non podía saír de alí sen el.
Os estudios que aquí se recollen son da época dos anos 50/60 en Estados Unidos. Un pouco lonxe nos queda, pensaredes. Iso mesmo opinaba eu antes de comezar a lelo, pero a medida que pasaban as páxinas dábame conta de que pouco avanzamos dende entonces e de que tampouco hai moitas diferenzas entre as mulleres estadounidenses e nós. Ese malestar que non ten nome do que fala Betty Friedan xa non é un tema tabú, pero quédanos moito por avanzar para eliminalo.


[CAS] No sabía cómo comenzar esto. Llevo días pensando sobre qué podría tratar mi primera entrada. Pienso que cantas más vueltas le doy, más difícil es la elección.
Así que no lo pienso más, simplemente voy a hablar de lo que me apetece. Y en este caso es sobre un libro que acabé de leer hace poco.
La mística de la feminidad es un clásico del feminismo. Cuando empecé la carrera, una de mis profesoras nos hablaba a diario de este libro. Daba igual de que fuera la clase, siempre había hueco para Betty Friedan. El año pasado entré en una librería sin idea de qué era exactamente lo que quería y, en cuanto lo ví, supe que no podía salir de allí sin él.
Los estudios que en aquí se recogen son de la época de los años 50/60 en Estados Unidos. Un poco lejos nos queda, pensareis. Eso mismo opinaba yo antes de comenzar a leerlo, pero a medida que pasaban las páginas me daba cuenta de que poco avanzamos desde entonces y de que tampoco hay muchas diferencias entre las mulleres estadounidenses y nosotras. Ese malestar que no tiene nombre del que habla Betty Friedan ya no es un tema tabú, pero nos queda mucho por avanzar para eliminarlo.