mércores, 18 de abril de 2018

"Binomio fantástico"


[GAL] A miña idea é que este blog sexa algo máis que un blog literario. De momento só falei dun par de lecturas, pero hoxe vou introducir unha pequena novidade.
Un binomio fantástico é un recurso inventado por Gianni Rodari (escritor e pedagogo italiano). Trátase de crear unha historia a través da unión de dous substantivos que non teñen relación entre si. Un exemplo moi típico de binomio fantástico é o Gato con botas.
O que vou amosar a continuación non é un binomio fantástico ao 100%, xa que os elementos nos que eu pensei si que teñen relación. Non obstante, eu son unha persoa á que lle custa moitísimo expresarse habitualmete e, aínda que realmente non fun fiel á súa definición, creo que me quedou unha historia bastante simpática que me gustaría ensinarvos.

Os dentes sen boca
Hai unhas semanas, atopábame eu camiñando polo Pedroso cando, de repente, vin algo branco e brillante movéndose polo sendeiro. Que é iso? Achégome, pouco a pouco, para ver sen ser vista. De súpeto decátome:  son uns dentes! Non comprendo nada... Continúo achegándome, tentando entender o que están vendo os meus ollos. Ao escoitarme fican quietos, sen moverse.
-Hmmm... Ola? Non quero facervos dano.
Comezan a tremer. Eu sorrío, procurando darlles confianza. Ao ver os meus dentes semella que se relaxan.
-Menos mal –di o que parece o cabeza do grupo.- Pensabamos que ti eras como a nosa antiga boca. Pero ti tes unha dentadura preciosa!
Eu sigo sen comprender. Estarei tola? Parece que comprenden a miña expresión e explícanme:
-Nós tiñamos unha boca, así como a túa. Pero a nosa nena non paraba de comer doces e beber refrescos. E nunca nos lavaba. Entón tivemos que escapar. Aínda somos de leite e se medramos nun lugar así, cando nos convertamos en dentes definitivos imos enfermar e podrecer moi rápido.
Despois de escoitar isto decido axudalos a buscar un lugar onde poidan medrar con tranquilidade. Séntome nunha rocha ao seu carón, pensando onde poderían ir...
Teño unha idea! Na casa teño un estoxo ao que lle teño que cambiar a cremalleira. Imos alá e probamos, pero antes de que os dentes digan nada, o estoxo quéixase. Di que entre os dentes lle entra aire frío e non lle gusta.
A miña segunda opción é un batedor, pero ao probar dámonos conta de que os dentes non trituran igual de ben que as coitelas. Ademais, din que é un traballo demasiado canso para eles.
E que tal facer un colgante? Non teñen que facer nada, máis que simplemente deixarse ver. Pero iso tampouco lles vale, que teñen medo de romper. Arre demo cos dentes!
Comezo a quedar sen ideas, vou ter que pedirlle axuda a alguén. Espera... estáseme a ocorrer algo. O outro día vin unha noticia no xornal: as ostras que temos no acuario están tendo problemas para fabricar perlas. Falo cunha amiga miña que traballa alí e decidimos probar. 
Como lles gustou a idea aos dentes! En canto llo dixen comezaron a dar saltiños de alegría. Agora vou todos os días a visitalos. Os primeiros xa comezaron a botar raíces nas ostras e están mudando a súa cor. Cando chego, todos me saúdan e xúntanse para formar un bonito sorriso.
Coñeciades esta técnica? Que vos parece?

[CAS] Mi idea es que este blog sea algo más que un blog literario. De momento solo hablé de un par de lecturas, pero hoy voy a introducir una pequeña novedad.
Un binomio fantástico es un recurso inventado por Gianni Rodari (escritor y pedagogo italiano). Se trata de crear una historia a través de la unión de dos substantivos que no tienen relación entre sí. Un ejemplo muy típico es el Gato con botas.
Lo que voy a mostrar a continuación no es un binomio fantástico al 100%, ya que los elementos en los que yo pensé sí que tienen relación. No obstante, soy una persona a la que le cuesta mucho expresarse habitualmente y, aunque realmente no fui fiel a su definición, creo que me quedó una historia bastante simpática que me gustaría enseñaros.

Los dientes sin boca
Hace unas semanas, me encontraba yo caminando por el Pedroso cuando, de repente, vi algo blanco y brillante moviéndose por el sendero. ¿Qué es eso? Me acerco, podo a poco, para ver sin ser vista. De repente me doy cuenta: ¡son unos dientes! No comprendo nada... Continúo acercándome, intentando entender lo que están viendo mis ojos. Al escucharme quedan quietos, sin moverse.
-Hmmm... ¿Hola? No quiero haceros daño.
Empiezan a temblar. Yo sonrío, procurando darles confianza. Al ver mis dientes parece que se relajan.
-Menos mal –dice el que parece el cabeza del grupo.- Pensábamos que tú eras como nuestra antigua boca. ¡Pero tú tienes una dentadura preciosa!
Yo sigo sin comprender. ¿Estaré loca? Parece que entienden mi expresión y me explican:
-Nosotros teníamos una boca, así como la tuya. Pero nuestra niña no paraba de comer dulces y beber refrescos. Y nunca nos lavaba. Entonces tuvimos que escapar. Aún somos de leche y si crecemos en un lugar así, cuando nos convirtamos en dientes definitivos vamos  a enfermar y pudrir muy rápido.
Después de escuchar esto decido ayudarles a buscar un lugar donde puedan crecer con tranquilidad. Me siento en una roca a su lado, pensando dónde podrían ir...
¡Tengo una idea! En casa tengo un estuche al que le tengo que cambiar la cremallera. Vamos allá y probamos, pero antes de que los dientes digan nada, el estuche se queja. Dice que entre los dientes le entra aire frío y no le gusta.
Mi segunda opción es una batidora, pero al probar nos damos cuenta de que los dientes no trituran igual de bien que las cuchillas. Además, dicen que es un trabajo demasiado cansado para ellos.
¿Y qué tal hacer un colgante? No tienen que hacer nada, simplemente dejarse ver. Pues eso tampoco les vale, tienen miedo de romper. ¡Arre caray con los dientes!
Empiezo a quedar sin ideas, voy a tener que pedirle ayuda a alguien. Espera... se me está ocurriendo algo. El otro día vi una noticia en el periódico: las otras que tenemos en el acuario están teniendo problemas para fabricar perlas. Hablo con una amiga que trabaja allí y decidimos probar.
¡Cómo les gustó la idea a los dientes! En cuanto de lo dije comenzaron a dar saltitos de alegría. Ahora voy todos los días a visitarlos. Los primeros ya empezaron a echar raíces en las ostras y están cambiando su color. Cuando llego, todos me saludan y se juntan para formar una bonita sonrisa.
¿Conocíais esta técnica? ¿Qué os parece?




luns, 9 de abril de 2018

Invisibles

[GAL] Invisibles está formado por sete relatos. Non son sete relatos calquera, senón sete relatos sobre o maltrato. Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña contan en primeira persoa na meirande parte dos casos o que elas viviron. Mais non todas tiveron a sorte de poder facelo. Algún deles está contado pola súa xente achegada, xa que a violencia sufrida foi tal que lles arrebataron esta posibilidade.
É un libro para ler sen présas, sen agobios, sumerxíndote en cada palabra destas mulleres que tanto teñen que contarnos. Porque foron elas, pero poderiamos ser cada unha de nós. Porque moitas veces chéganse a vivir situacións deste tipo sen saber por que ou como chegamos ata aí. Porque a sociedade edúcanos a nós para enganarnos e facernos ver que son situacións “normais” e a eles para que se crean os nosos posuidores.
Invisibles é un libro duro, que produce angustia, tristeza, medo... Pero é un libro moi necesario. Non é sinxelo, pero debemos visibilizalo e ver que non somos esas “tolas do maltrato” das que falan as protagonistas. O maltrato, en todos os seus aspectos, existe e está presente na nosa vida cotiá e negalo sería un gran erro.
Practicamente dende o principio non puiden evitar que se me caesen as bágoas. Non sei se por empatía ou porque é un tema para min moi próximo. Non foi un libro agradable de ler, dende logo que non. Pero a veces é necesario saír da zona de confort e ver que hai máis alá para entender o mundo no que vivimos.



[CAS] Invisibles está formado por siete relatos. No son siete relatos cualquiera, sino siete relatos sobre el maltrato. Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga y Begoña cuentan en primera persona en la mayor parte de los casos lo que ellas vivieron. Pero no todas tuvieron la suerte de poder hacerlo. Alguno de ellos está contado por su gente allegada, ya que la violencia sufrida fue tal que les arrebataron esta posibilidad.
Es un libro para leer sin prisas, sin agobios, sumergiéndote en cada palabra de estas mujeres que tanto tienen que contarnos. Porque fueron ellas, pero podríamos ser cada una de nosotras. Porque muchas veces se llegan a vivir situaciones de este tipo sin saber por qué o cómo llegamos hasta ahí. Porque la sociedad nos educa a nosotras para engañarnos y hacernos ver que son situaciones “normales” y a ellos para que se crean nuestros poseedores.
Invisibles es un libro duro, que produce angustia, tristeza, miedo... Pero es un libro muy necesario. No es sencillo, pero debemos visibilizarlo y ver que no somos esas “locas del maltrato” de las que hablan las protagonistas. El maltrato, en todos sus aspectos, existe y está presente en nuestra vida cotidiana y negarlo sería un gran error.

Prácticamente desde el principio no pude evitar que se me cayesen las lágrimas. No sé si por empatía o porque es un tema para mí muy próximo. No fue un libro agradable de leer, desde luego que no. Pero a veces es necesario salir de la zona de confort y ver que hay más allá para entender el mundo en el que vivimos.