venres, 11 de maio de 2018

[GAL] O branco non pinta! é un álbum ilustrado con tendencia realista, aínda que a través de diferentes recursos no seu texto podemos atopar algunha referencia que se achega máis ao fantástico.
Un aspecto destacable paréceme, incluso antes de abrir o libro, o modo en que o título aparece na portada. Enriba dunha gran mancha de cores (verde, azul, amarelo, rosa...) con letras grandes, todas maiúsculas, está escrito o título en letras brancas.
Esta obra pretende dar resposta a unha pregunta que moitas crianzas se farán ao longo da súa nenez, pero tamén poñer o acento na curiosidade infantil e na importancia de que estas cuestións sexan formuladas e respondidas. Isto queda reflectido xa na propia dedicatoria: “A Mara e a todas as nenas e nenos que un día descubriron que o branco non pinta.”
Nesta publicación, Antía Otero (A Estrada, 1982) busca proporcionar unha aproximación á cor branca coma concepto. Mara é unha nena que gosta moito das cores e á que cada unha delas, ao plasmala sobre o papel, lle transmite diferentes mensaxes. Máis, ao coller a cor branca, descobre que non pinta e vaillo dicir á súa nai. Esta tenta explicarlle que iso non é así; que o branco está en moitos lugares, que está na luz e no silencio e que a cor branca xunta todas as demais cores. Finalmente Mara comprende que, dalgún xeito, o branco tamén pinta, aínda que é unha cor un chisco diferente ao resto. 
Complementando o texto atopamos as fermosas ilustracións de María Brenn, nas que predomina a cor da que están a falar en cada momento para resaltar a mensaxe.


[CAS] O branco non pinta! es un álbum ilustrado con tendencia realista, aunque que a través de diferentes recursos en su texto podemos encontrar alguna referencia que se aproxima máis a lo fantástico.
Un aspecto destacable me parece, incluso antes de abrir el libro, el modo en que el título aparece en la portada. Encima de una gran mancha de colores (verde, azul, amariñño, rosa...) con letras grandes, todas mayúsculas, está escrito el título en letras blancas.
Esta obra pretende dar respuesta a una pregunta que muchas niñas y niños se harán a lo largo de su niñez, pero también poner el acento en la curiosidad infantil y en la importancia de que estas cuestiones sean formuladas y respondidas. Esto queda reflejado ya en la propia dedicatoria: “A Mara e a todas as nenas e nenos que un día descubriron que o branco non pinta” ("A Mara y a todas las niñas y niños que un día descubrieron que el blanco no pinta").
En esta publicación, Antía Otero (A Estrada, 1982) busca proporcionar una aproximación al color blanca como concepto. Mara es una niñaa a la que le gustan mucho los colores y a la que cada una de ellas, al plasmarla sobre el papel, le transmite diferentes mensajes. Pero, al coger el color blanco, descubre que no pinta y se lo va a decir a su madre. Esta intenta explicarle que eso non es así; que el blanco está en muchos lugares, que está en la luz y en el silencio y que el color blanco junta todos los demás colores. Finalmente Mara comprende que, de algún modo, el blanco también pinta, aunque es un color algo diferente al resto. 
Complementando el texto encontramos las hermosas ilustraciones de María Brenn, en las que predomina el cor del que están hablando en cada momento para resaltar el mensaje.

Ningún comentario:

Publicar un comentario