mércores, 13 de xuño de 2018



[GAL] Esta obra é unha nova interpretación de Divinas Palabras de Ramón María del Valle Inclán, adaptada aos tempos actuais polo Centro Dramático Galego. Xoana a Raíña, nai de Laureano -un rapaz cun alto grao de dependencia- aparece morta no ascensor da súa casa. Toda a familia do rapaz se atopa nun reality show que non pode abandonar. Hai  dúas opcións: Laureano queda a cargo dos servizos sociais ou entra no concurso para que a súa familia se poida facer cargo del. Quen se faga cargo do rapaz poderá xestionar unha gran cantidade de cartos que a súa nai conseguiu reunir en vida. Ao coñecer isto, a familia non se demora en tomar a decisión de facerse responsable del. Os problemas chegan á hora de decidir quen se fará cargo do rapaz a cada momento, preocupadas máis as súas tías polos posibles beneficios económicos que polo benestar do seu sobriño. Divinas Palabras Revolution é unha historia cargada de egoísmo, drama e desesperación.
Trátase dunha dramatización actoral desenvolta na actualidade, concretamente dentro dunha casa na que se está a desenvolver un reality show televisivo. A dramatización comeza xa antes de que se levante o pano, a través da proxección de vídeos nunhas pantallas situadas a ambos lados do escenario, que funcionarán en diversos momentos da obra.
Resulta curiosa, pola súa parte, a distribución do escenario. Posto que a acción se desenvolve nunha casa, para que haxa visibilidade da meirande parte dos habitáculos preséntase unha distribución en dous pisos. Na planta baixa atópase a zona de cociña e salón e na de arriba unha das habitacións e o aseo. As outras habitacións, así como os corredores, pódense ver en diferentes momentos da representación a través das pantallas laterais das que falaba anteriormente.
A iluminación do escenario potencia a mensaxe que o elenco transmite tanto coas súas verbas como cos seus xestos e accións. Empréganse cores máis frías para representar a noite e momentos en que as actrices e actores dormen, mentres que predominan as cores escuras nos momentos onde a acción acontece de día e a escena ten unha maior tensión. Do mesmo modo actúa a música, empregada principalmente para potenciar os momentos máis tensos da obra.
O abano de idades das personaxes é o moi amplo e isto reflíctese entre outras cousas no seu vestiario, sendo máis tradicionais as roupas das personaxes maiores e volvéndose máis modernas a medida que decrece a idade do actorado. Tamén se amosan diferentes modos de falar e incluso de comportarse segundo as idades das personaxes.
Unha das cousas que quizais chame máis a atención desta obra é o interacción co público, non só pola cantidade de momentos en que isto ocorre, senón polo modo en que se leva a cabo. Como dixen con anterioridade, en Divinas Palabras Revolution emúlase un reality show. Neste tipo de programas é habitual que haxa unha figura que comunique ás persoas concursantes coas espectadoras. Neste caso, esa figura -ou máis ben voz- é a que interactúa en maior medida co público, falándolle coma se as persoas que participan no reality non a puidesen escoitar, criticando as súas accións e poñendo en todo momento en evidencia as actitudes egoístas que mostran. A obra transmite a mensaxe de que, na sociedade actual, os valores que priman son o egoísmo, o morbo e o desinterese polo alleo; amosando unha falta total de disposición en axudar ao próximo se iso non nos aporta un beneficio persoal. Non obstante, a incapacidade de controlar estas actitudes e de ser conscientes dos nosos comportamentos poden volvelas contra nós, converténdonos en vítimas dos nosos propios actos.
Divinas Palabras Revolution é unha obra sen tabús, na que podemos ver escenas de sexo, alcol, drogas, xente espida… todas elas dun gran realismo. Na función que eu vin, incluso nun momento no que se representa un cambio de cueiros, escoitei comentarios da xente do meu arredor dubidando se realmente a sala cheiraba a cueiro sucio ou se eran imaxinacións súas.
Cunha duración que ronda as dúas horas, a historia envolve ao público de principio a fin, é capaz de facelo empatizar coas personaxes e sentir a rabia, o medo e a dor que elas mesmas senten.


[CAS] Esta obra es una nueva interpretación de Divinas Palabras de Ramón María del Valle Inclán, adaptada a los tiempos actuales por el Centro Dramático Galego. Xoana a Raíña, madre de Laureano -un chico con un alto grado de dependencia- aparece muerta en el ascensor de su casa. Toda la familia del chico se encuentra en un reality show que no puede abandonar. Hay dos opciones: Laureano queda a cargo de los servicios sociales o entra en el concurso para que su familia se pueda hacer cargo de él. Quien se haga cargo del chico podrá gestionar una gran cantidad de dinero que su madre consiguió reunir en vida. Al conocer este, la familia no se demora en tomar la decisión de hacerse responsable de él. Los problemas llegan a la hora de decidir quién se hará cargo del chico a cada momento, preocupadas más sus tías por los posibles beneficios económicos que por el bienestar de su sobrino. Divinas Palabras Revolution es una historia cargada de egoísmo, drama y desesperación.
Se trata de una dramatización actoral desarrollada en la actualidad, concretamente dentro de una casa en la que se está llevando a cabo un reality show televisivo. La dramatiación comienza ya antes de que se levante el telón, a través de la proyección de vídeos en unas pantallas situadas a ambos lados del escenario, que funcionarán en diversos momentos de la obra.
Resulta curiosa, por su parte, la distribución del escenario. Puesto que la acción se desarrolla en una casa, para que haya visibilidad de la mayor parte de los habitáculos se presenta una distribución en dos pisos. En la planta baja se encuentra la zona de cocina y salón y en la de arriba una de las habitaciones y el baño. Las otras habitaciones, así como los pasillos, se pueden ver en diferentes momentos de la representación a través de las pantallas laterales de las que hablaba anteriormente.
La iluminación del escenario potencia el mensaje que el elenco transmite tanto con sus palabras como con sus gestos y acciones. Se usan colores más fríos para representar la noche y momentos que las actrices y actores duermen, mientras que predominan los colores oscuros en los momentos en los que la acción sucede de día y la escena tiene una mayor tensión. Del mismo modo actúa la música, usada principalmente para potenciar los momentos más tensos de la obra.
El abanico de edades de los personajes es muy amplio y esto se refleja entre otras cosas en su vestuario, siendo más tradicionales las ropas de los personajes mayores y volviéndose más modernas a medida que decrece la edad del actorado. También se muestran diferentes modos de hablar e incluso de comportarse según las edades de los personajes.
Una de las cosas que quizás me llame más la atención de esta obra es la interacción con el público, no solo por la cantidad de momentos en que esto ocurre, sino por el modo en que se lleva a cabo. Como dije con anterioridad, en Divinas Palabras Revolution se emula un reality show. En este tipo de programas es habitual que haya una figura que comunique a las personas concursantes con las espectadora. En este caso, esa figura –o más bien voz- es la que interactúa en mayor medida con el público, hablándole como si las personas que participan en el reality no la pudiesen escuchar, criticando sus acciones y poniendo en todo momento en evidencia las actitudes egoístas que muestran. La obra transmite el mensaje de que, en el sociedad actual, los valores que priman son el egoísmo, el morbo y el desinterés por lo ajeno; mostrando una falta total de disposición en ayudar al prójimo si eso no nos aporta un beneficio personal. No obstante, la incapacidad de controlar estas actitudes y de ser conscientes de nuestros comportamientos pueden volverlas en nuestra contra, convirtiéndonos en víctimas de nuestros propios actos.
Divinas Palabras Revolution es un obra sin tabús, en la que podemos ver escenas de sexo, alcohol, drogas, gente desnuda... todas ellas de un gran realismo. En la función que yo vi, incluso en un momento en que se representa un cambio de pañales, escuché comentarios de gente a mi alrededor dudando si realmente la sala olía a pañal sucio o si eran imaginaciones suyas.
Con una duración que ronda las dos horas, la historia envuelve al público de principio a fin, es capaz de hacerlo empatizar con los personajes y sentir la rabia, el miedo y el dolor que ellos mismos sienten.


Ningún comentario:

Publicar un comentario